miércoles, 24 de abril de 2013

DIA DA FAMILIA BOUZA BREY

Circular conxunta Colexio-ANPA Bouza Brey.

Poñémonos en contacto con vós para informarvos que o vindeiro 15 de maio (Día internacional da Familia) imos celebrar no colexio o Día da Familia Bouza Brey.
Comezaremos pola mañá, a partir das 12:00, coa visita dos avós ao cole para contarlles contos ós nenos de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria, que contarán ademáis coa visita das súas mascotas preferidas. O segundo e terceiro ciclo de primaria poderán recibir a visita dos pais ou nais para falarlles aos rapaces da súa profesión. Ás 14:00 entregaranse os agasallos do día da Familia.
Os familiares interesados en participar con nós neste día nos contacontos ou no relato sobre as súas profesións deben pórse en contacto cos titores de infantil e primaria a través da axenda ou falando con eles persoalmente.
Pola tarde, ás 17:00 comenzaremos o festival contando coa colaboración do ANPA. Contaremos coas actuacións de infantil, e de primeiro e segundo de primaria, kárate, patinaxe e futbol. Realizaremos una exposición do obradoiro de manualidades da mestra Paula, un taller de maquillaxe, un rastrillo de libros e un concurso gastronómico (podedes anotarvos no blog ou no e-mail do anpa, anpacolexiobouzabrey@gmail.com ou www.bouzabreyanpa.blogspot.com).  Na cantina do ANPA venderanse os postres e comidas por racións a 50 céntimos para axuda das actividades que realiza o Anpa relacionadas con Noso colexio.
Remataremos cunha gran festa e o sorteo da tablet.
Os pais/nais que queirades colaborar no Rastrillo de libros deberedes entregalos en secretaría ou no ANPA antes do luns 13 de maio ás 18:00.

Contamos con todos vós neste día tan especial.

martes, 23 de abril de 2013

Festa infantil na A.A.V.V. Agarimo San Xoan Poulo

Os amigos da Asociación de veciños de San Xoan Poulo fannos chegar esta información sobre a festa infantil que organizan o próximo 27 de abril.

Estamos todos invitados, animádevos a asistir.....

sábado, 13 de abril de 2013

Resumen da xuntanza de pais e nais

O pasado xoves día 11 de abril, tivemos una xuntanza na AAVV de San Xoan na que presentamos o proxecto da cuberta da zona de infantil que vai ser posto en marcha polo anpa, a postura o respecto da coperativa do colexio, así como as inciciativas para recaudar fondos para o mesmo. Con desilusión temos que decir que a asistencia non foi tan abondante como nos houbera gustado, pero para todos os que non estivestes alí, imos facer un resumen.
Pedironse varios presupostos para facer dita cuberta, de momento o mellor presuposto, presentounolo o pai dun neno do colexio, que colabora presentando un presuposto de obra no que solamente incluiria o gasto de materiais, a man de obra corre da sua conta. De todas formas, aparte do custo en si do proxecto, hay que ter en conta o gasto de licenza urbanística, proxecto,….., que encarece moito o custo final.
A intención e que cada un aportemos un pouco para entre todos poder facer moito
Por iso se vai a realizar una venta de rifas para intentar recaudar para o proxecto. Animamosvos a todos a participar tanto na venta das mesmas como comprando o maior número delas posibles. É polo ben dos nosos pequenos.
Como xa sabedes o colexio este ano decidiu non celebrar o dia do pai nin o dia da nai, no seu lugar, aproveitando que o 15 de maio e o dia internacional da familia, vai realizar una festa para conmemorar esa data. Dende o ANPA imos colaborar en dita festa tanto con animación como con una cantina, que servirá tamén para recadar fondos para o proxecto.
Non foi fácil conseguir levar adiante a iniciativa de cubrir a entrada de infantil, e como é algo que moitos páis viñades reclamando dende hai tempo, solicitamos a máxima colaboración posible para que se poida realizar con éxito. Será un éxito para todos, pero sobre todo para os nosos fillos.
Estas son as rifas coas que vos animamos a participar:
A proxecto que presentamos na xuntanza de onte e o seguinte:
Cubierta para Zona de Infantil.
Estructura de aluminio de lacado blanco en medidas solicitadas por el cliente.
Consta de:
 Estructura de aluminio lacado en blanco.
 Fijaciones a muro trasdosado por espiros o taco químico (en 6 puntos minimo)
 Tornillería sellante, accesorios para la fijación de paneles de metacrilato.
 Cubierta fija transparente de metacrilato instalada y sellada.
 Laterales de estructura fija en aluminio y metacrilato.
 Apoyos de cubierta alzada sobre la actual barandilla (pendiente de reforma)


jueves, 11 de abril de 2013

RECORDATORIO

Recordarvos a importancia da vosa asistencia a reunión que se levara a cabo hoxe xoves 11 de abril as 20:30 na Asociación de Veciños de San Xoan Poulo, tanto se sodes socios do ANPA como se non, xa que os temas que se van a tratar son moi importantes.
Agradecemos a vosa colaboración.
Saudos.

sábado, 6 de abril de 2013

IMPORTANTE: Reunión xoves 11 abril na AAVV de San Xoan as 20:30

Estimadas-os nais, pais:dende o ANPA solicitamos encarecidamente a vosa asistencia á reunión que temos convocada para o vindeiro xoves 11 de abril na A.A.V.V. de San Xoán as 20:30h.

O obxectivo da mesma é o de informar dun proxecto que ímos levar a cabo atendendo as demandas e suxestións de moitas-os de vós.

Asunto: Proxecto de mellora e acondicionamento da entrada na zona de infantil e na área de xogo.

Considerando a importancia do asunto pregámosvos que valoredes a relevancia da vosa asistencia.
Como sempre, moitas gracias pola vosa colaboración. Para calquera dúbida ou suxestión sempre estamos a vosa disposición.

Un saúdo. A Xunta Directiva do ANPA.

viernes, 5 de abril de 2013

Acondicionamento entrada e zona de xogos de infantil

Dentro do servicio que ofrecemos de atención a nais e pais, estamos na obriga de levar a cabo as demandas que se fan. A maioría das vosas suxestións, van encamiñadas a mellorar a entrada de infantil e o parque exterior de xogos. Sodes moitos os que nos fixechedes chegar as vosas suxerencias para cubrir a entrada e ter ós peques o resgardo en días de choiva ou vento ou acondicionar con materiais homologados a zona exterior de xogo. En atención a estas demandas propoñemos ó cole a iniciativa de recaudar fondos a través da venta de rifas, da cantina ou das festas programadas durante o curso.

Nunha reunión mantida onte 4 de abril con parte do equipo directivo e do consello rector do centro, dásenos a coñecer a postura definitiva da cooperativa: permítesenos levar a cabo a iniciativa da venta de rifas para recaudar fondos para o acondicionamento da entrada e zona de xogos de infantil que será financiado polo ANPA.


De todos os xeitos, quedamos pendentes de confirmar unha reunión de todos os pais do centro para dar a información máis detallada, amosar o proxecto que o ANPA vai poñer en marcha e pedir a colaboración de todos na realización do mesmo.    

martes, 2 de abril de 2013

O traballo do ANPA

O actual ANPA do colexio Bouza Brey, foi posto en marcha o pasado curso 2011-2012 xa que o noso colexio non contaba con esta asociación dende hai alguns anos. Dentro do traballo que se leva desenrolando desde entón, foron varias as iniciativas que se puxeron en marcha:

- Banco de uniformes: O anpa recolle uniformes usados en bo estado de conservación, e quen os necesite pode coller pezas soltas a un prezo simbólico.

- Banco de libros: O anpa recolle libros de texto dende 3º de primaria en adiante, e quen os necesite pode canxear os seus polos do curso que necesite (empezara a funcionar para o vindeiro curso).

 - Escola de país e nais: Distintos talleres e charlas que se imparten por persoal experto na materia sobre temas variados e interesantes en relación a nosa labor como país e nais.
Por exemplo: Primeiros auxilios na infancia, PNL no aula, Hiperactividade e déficit de atención, etc…

 - Actividades extraescolares: Neste curso ofertaronse distintas actividades extraescolares dende o ANPA, das cales só tiveron a suficiente demanda para impartirse os talleres de manualidades e as clases de natación a través do Máis que auga de Barreiro. Para o vindeiro curso intentarase ampliar a oferta, e agradecense suxerencias sobre actividades que vos resultarían interesantes.

 - Actividades lúdicas: Neste apartado organizaronse diversas festas para que os nenos e os pais disfrutemos xuntos:

Festa de Nadal No Verbum en colaboración coa federación de peñas do Real Club Celta de Vigo.

Magosto Con degustación de castañas asadas e coa colaboración da AAVV San Xoan Poulo.

Festa do entroido Con concurso de disfraces e doces típicos do entroido.

Festa de fin de curso.

Excursión en barco pola zona do Grove.

- Seguridade vial: Remitironse varios escritos o concello para mellorar a seguridade na zona e plantexouse a posibilidade de habilitar una zona de aparcamento nun terreo cercano propiedade do concello. Seguimos insistindo neste apartado, pero ainda non obtivemos resposta.

Así mesmo plantexáronselle o colexio varias opción para mellorar a seguridade na entrada e salida dos nenos, a elexida polo centro e que se comprometeron acometer en breve, foi a de pintar a zona de parking cun paso para peóns.

Hay outras iniciativas que se están tentando por en marcha e sobre as que vos ofreceremos máis informacion esta mesma semana.
 
E coma sempre, estamos a vosa disposición para recoller máis ideas sobre posibles iniciativas que consideredes interesantes.