miércoles, 26 de noviembre de 2014

Como todo-los anos nestas datas, pomos en marcha unha campaña de recollida de xoguetes para por o noso gran de area para que ningun cativo se quede sen regalo estas festas.

Agardamos a vosa colaboración.



martes, 21 de octubre de 2014

Loteria de Nadal

Xa podedes adquirir como todolos anos a loteria de nadal do anpa. Non vos quededes sen ela... a ver se repartimos sorte.

viernes, 2 de mayo de 2014

jueves, 20 de febrero de 2014

Entroido 2014

Benqueridas familias:

vos informamos que o vindeiro Venres 28 de Febreiro temos organizada a Festa de Entroido do ANPA no colexio de 17:00h a 20:00h.

 

Programación:

-          Concurso de disfraces para nen@s: teremos un gañador por ciclo que recibirá un agasallo.

-          Concurso de doces típicos de Entroido para os maiores: podedes participar coas vosas receitas de filloas, orellas, rosquillas, flores,… e teredes a oportunidade de gañar un exclusivo bono-masaxe ou complementos cedidos pola tienda Duende (PARA PARTICIPAR DEBEDES ANOTARVOS NO ANPA)

-          Merendola para nen@s e chocolate ou café quente para as familias. (A PARTIR DA SEGUNDA CONSUMICIÓN, TODAS AS BEBIDAS A 0’50€)

-          Actuación Sorpresa: Animadora e Contacontos “Voltereta de Refugallo”.

IMPORTANTE :

-          As familias socias do ANPA: presentar o carné de socio na entrada.

-          As familias non socias: terán que abonar 3€ por unidade familiar na entrada.

 

lunes, 27 de enero de 2014

¿Meu neno e feliz no cole? O bullyng e a educacion en intelixencia emocional

Hola a tod@s:
Unha vez máis o ANPA tivo a oportunidade de organizar outra charla dentro da Escola de Nais e Pais que levamos a cabo. Nesta ocasión tivemos o pracer de contar coa colaboración da nosa xa amiga Paula Muñoz, terapeuta e educadora en Intelixencia Emocional.
Baixo o seu discurso cercano e ameno, deunos a coñecer aos alí presentes as pautas para detectar un acoso escolar e a importancia da educación da intelixencia emocional nas vidas dos nosos nenos.
Resaltou en todo momento que este é un traballo de todos, en equipo, para conseguir que o noso fillo ou filla se desenvolva, non só a nivel escolar senón tamén como persoa.
Abordando o tema do acoso, deunos que pensar a través dun video no que se resume nunha canción toda a problemática do bullyng na escola.
No relativo a Intelixencia Emocional, remarcou o traballo cos nenos á hora de adquirir un dominio sobre as súas emocións, o seu autocontrol e mellorar a súa autoestima.
Sen dúbida, abriunos os ollos a unha realidade que está presente na rutina escolar con frecuencia, pero tamén deunos a coñecer as pautas para resolver esta e outras problemáticas coas que, de seguro, atopámonos tod@s como nais, pais ou profes.